Alumnado
Secretaría en liña
Calendario escolar
Horarios dos grupos
Normas de organización
Guía do alumnado
Residencia
Bolsas e axudas para o estudo
Taboleiro
Preguntas frecuentes
Probas extraodinarias
ERASMUS+
Solicitude acceso vehículos ao centro
Calendarios probas libres e distancia
Actividades
Calendario escolar
CONMEMORACIÓNS:
– 20 de novembro de 2025: Día Universal da Infancia.
– 25 de novembro de 2025: Día Internacional contra a Violencia de Xénero.
– 3 de decembro de 2025: Día Internacional das Persoas con Discapacidade.
– A semana do 6 de decembro de 2025: conmemoración da Constitución e do Estatuto
de autonomía de Galicia.
– 10 de decembro de 2025: Día da Declaración Universal dos Dereitos Humanos.
– 24 de xaneiro de 2026: Día Internacional da Educación.
– 30 de xaneiro de 2026: Día Escolar da non Violencia e da Paz.
– 23 de febreiro de 2026: Día de Rosalía de Castro.
– 8 de marzo de 2026: Día Internacional da Muller.
– 15 de marzo de 2026: Día Mundial dos Dereitos do Consumidor.
– A segunda semana de marzo de 2026: Semana da Prensa.
– 1 de abril de 2026: Día das Artes Galegas.
– 7 de abril de 2026: Día Mundial da Saúde.
– A semana do 23 de abril de 2026: Semana do Libro.
– 2 de maio de 2026: Día Internacional contra o Acoso Escolar.
– 9 de maio de 2026: Día de Europa.
– A semana do 17 de maio de 2026: Semana das Letras Galegas.
– 5 de xuño de 2026: Día Mundial do Medio Ambiente.
Horarios dos grupos
Están disponibles os horarios definitivos de todos os ciclos.
(Premando sobre a imaxe do horario, abrése en formato Pdf).
GB Agroxardinaría e Composicións Florais
GB Industrias Alimentarias
GM Produción Agroecolóxica
GM Sanidade Ambiental Aplicada DUAL
GM Xardinaría e Floraría ORDINARIO
GM Xardinaría e Floraría DUAL
GS Educación e Control Ambiental ORDINARIO
GS Educación e Control Ambiental DISTANCIA
GS Procesos e Calidade na Industria Alimentaria
GS Vitivinicultura ORDINARIO
GS Vitivinicultura DISTANCIA
GS Paisaxismo e Medio Rural
GS Xestión Forestal e do Medio Natural ORDINARIO
GS Xestión Forestal e do Medio Natural DUAL
GS Xestión Forestal e do Medio Natural DISTANCIA
Normas de organización

As NOF (Normas de Organización e Funcionamento) inclúen as normas de convivencia que garanten o cumprimento do plan de convivencia.
No ficheiro adxunto están as Normas de Organización e Funcionamento do CIFP A Granxa.
Normas de organización e funcionamento
Guía do alumnado

A Guía do Alumnado contén información referida aos aspectos máis destacados da acción formativa no seu conxunto e aos datos de caracter práctico relativos á forma na que se van a levar a caboos apectos serais do proceso formativo.
No ficheiro adxunto pódese descargar a guía do alumnado do CIFP A Granxa para o curso 2.025-26
Residencia
![Residencia<!--id[519]--> Residencia<!--id[519]-->](Archivos/Fotos/Menus_imagen_c/tumb/whatsapp-image-2024-06-19-at-1-1280x800.jpg)
A residencia do CIFP “A Granxa” está ubicada no terreo do propio centro.
Está aberta dende o domingo ás 20:00h ata o venres ás 15:45h, sendo atendida ininterrompidamente polo profesorado de prácticas e actividades.
Conta con 29 prazas distribuídas en 14 habitacións dobres, recentemente reformadas; existindo a posibilidade de contar con habitación individual no caso de que o nivel de ocupación o permita. Cada habitación conta con dúas camas, dúas mesas de noite, escritorio dobre, dúas cadeiras e ventá exterior. Están orientadas ó oeste, polo que pola tarde son soleadas.
Cada residente deberá aportar a súa roupa de cama, incluíndo a almofada e fundas de almofada e colchón.
A sala de lavadora e secadora é de autoservizo e está dispoñible para o uso das/os residentes.
O servizo de comedor está dispoñible de luns a venres:
| Almorzo | 7:50h a 8:20h |
| Xantar | 15:00h a 15:30h |
| Merenda | 17:50h a 18:10h |
| Cea | 20:30h a 21:00h |
Os venres e domingos non hai cea.
Existe unha sala de lecer equipada con televisión, ordenadores, sofás, unha mesa e cadeiras. Ademais, polas tardes, organízanse diferentes actividades de ocio: sendeirismo, manualidades, actividades deportivas... Pódense utilizar tamén as pistas deportivas do centro para realizar actividades físicas saudables.
A biblioteca do centro está no edificio da residencia.
| Custo durante o curso vixente | |
| Curso completo |
900€ por trimestre |
| Inferior o curso |
960€ por trimestre |
| Fianza (*) |
300€ |
(*) A fianza devolverase ó final do curso de non haber desperfectos .
GALERÍA DE IMAXES
Probas extraodinarias
Nos seguintes enlaces tedes as datas e horas das probas extraordinarias de Xuño do 2025 segundo os ciclos.
CS Educación e Control Ambiental
CS Procesos e Calidade na Industria Alimentaria
CS Xestion forestal e do Medio Natural
ERASMUS+
![]()
Que é Erasmus+ ?
Erasmus é o programa da UE que apoia a educación, a formación, a mocidade e o deporte en Europa.
Conta cun orzamento estimado de 26.200 millóns de euros. Isto supón case o dobre do financiamento do programa que o precedeu no período 2014-2020.
Para o período 2021-2027, o programa fai especial fincapé na inclusión social, a dobre transición ecolóxica e dixital e o fomento da participación das persoas mozas na vida democrática.
Apoia as prioridades e actividades establecidas no Espazo Europeo de Educación, o Plan de Acción de Educación Dixital e a Axenda de Capacidades Europea. Ademais, o programa:
- apoia o pilar europeo de dereitos sociais,
- aplica a Estratexia da UE para a Mocidade 2019-2027,
- desenvolve a dimensión europea do deporte.
DECLARACIÓN DE POLÍTICA ERASMUS+
Máis información:
Solicitude acceso vehículos ao centro
De conformidade co disposto no artigo 11 da Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos, a dirección do Centro Integrado de Formación Profesional A Granxa (de aquí en diante CIFP A Granxa), con CIF nº: Q8655200G e domicilio a efectos de notificacións en: Areas s/n Apartado nº7, CP 36860 Ponteareas, Pontevedra,
INFÓRMALLE, de que rexistrará os seguintes datos relativos a seu nome e apelidos, teléfono e correo electrónico de contacto, relación co centro (curso no que se atopa matriculado, persoa traballadora no centro, provedor ou persoa autorizada), vehículo de acceso ao centro (marca e modelo) e matrícula do mesmo coa finalidade de realizar o control de acceso de vehículos ao recinto escolar e aparcamento,














