Secretaría en liña












Certificacións
Se precisas unha certificación académica persoal descarga o seguinte documento:
Solicitude certificación académica persoal
Cubre e firma o documento e adxunta o dni para identificarse. Entrega os documentos na administración do CIFP A Granxa
Mínimo 1 a 2 días hábiles. En período de matriculación pode tardas máis.
Expedición de Títulos LOE
INSTRUCCIÓNS PARA A TRAMITACIÓN DO TÍTULO
1. Cubra o impreso modelo A e a solicitude de título de ESO ou solicitude de título de LOE/LOGSE
2. Pague na entidade bancaria as taxas correspondentes á titulación.
3. Entregue na secretaría do centro o xustificante,
4. No caso de desconto por familia numerosa, deberá presentar o título de familia numerosa actualizado e unha copia.
CÓDIGOS PARA CUBRIR O IMPRESO MODELO A
Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades | Código | 07 |
Delegación de Servizos centrais | Código | 13 |
Servizo de Ensino Medio | Código | 03 |
Taxa denominación: Expedición de títulos LOXSE Expedición de títulos LOE |
Código Código |
302001 302003 |
TAXAS POR EXPEDICIÓN DE TÍTULOS DE CICLOS FORMATIVOS LOXSE E LOE
TARIFA NORMAL |
FAMILIA NUMEROSA CATEGORÍA XERAL |
FAMILIA NUMEROSA CATEGORÍA ESPECIAL |
DUPLICADO |
|
CICLO MEDIO | 22,07 € | 11,06 € | 0 € | 2,55 € |
CICLO SUPERIOR |
54,00 € | 27,03 € | 0 € | 4,98 € |
Só no caso de perda ou extravío do título deberá pagar en Abanea o anuncio de extravío no Diario Oficial de Galicia mais a taxa por duplicado de títulos.
A taxa por expedición de duplicados non ten desconto.
Os beneficios de familia numerosa de categoría especial non pagan taxas por expedición ou extravío pero si polo anuncio no Diario Oficial de Galicia.
As vítimas de terrorismo así como os seus cónxuxes e os seus tillos por calquera actuación en materia educativa realizada en centros oficiais de estudos en tódolos niveis de ensino están exentos de pagar as taxas.
No seguinte documento están as instrucciòns para tramitación da solicitude do título en liña:
Anulación de matrícula
A anulación de matrícula deberá realizarse durante os 5 primeiros días lectivos do curso. A anulación de matrícula non consume convocatoria.
Para anular a túa matrícula cubre o seguinte documento:
Unha vez cuberto e asinado, entregar na administración do CIFP A Granxa
Baixa de matrícula
Para solicitar a baixa da túa matrícula debes cubrir o seguinte impreso:
Unha vez cuberto e asinado, entregar na administración do CIFP A Granxa.
Activarase o protocolo de baixa de matrícula de oficio para alumnos con:
- Faltas inxustificadas a partir de 15 días lectivos de forma continuada.
- Faltas inxustificadas a partir de 25 días lectivos de forma discontinua.
Corre convocatoria e o alumno deberá iniciar un novo proceso de asmisión
Renuncia á matrícula
Non esgota convocatoria.
Renuncia por unha soa vez.
Causas (Doenza, incorporación a un posto de traballo con contrato superior a 2 meses co horario incompatible co lectivo, obriga de tipo familiar).
Debe xustificarse documentalmente.
Excepcionalmente pódese renunciar máis dunha vez no caso de doenza prolongada de familiar ata segundo grao
Prazos: Ata 2 meses antes da avaliación final dos módulos.
Exención do Módulo de Centros de Traballo (FCT)
Para solicitar a exención do Módulo en Centros de Traballo (FCT) debes cubrir o seguinte impreso:
Unha vez cuberto e asinado, entregar na administración do CIFP A Granxa
Reclamación contra as cualificacións
INSTRUCIÓNS:
Validacións
Co fin de facilitar a reincorporación ao sistema educativo de todas as persoas interesadas en ampliar a súa formación, prevense posibilidades de recoñecer a formación adquirida previamente mediante as validacións
-As validacións da Xunta: Dentro dos 20 primeiros días do inicio do curso escolar.
Hai que presentar copia do dni e certificación académica oficial.
En algúns caso (Loxse) hai que presentar tamén certificado do curso de prevención de riscos laborais para poder validar o módulo de FOL.
-As validacions do Ministerio: Pódense presentar durante todo o curso escolar.
Hai que presentar fotocopia do dni, certificación académica oficial e tamén un certificado onde consten as unidades de programación en castelán.
Máis información no enderezo: