Residencia
A residencia do CIFP “A Granxa” está ubicada no terreo do propio centro.
Está aberta dende o domingo ás 20:00h ata o venres ás 15:45h, sendo atendida ininterrompidamente polo profesorado de prácticas e actividades.
Conta con 29 prazas distribuídas en 14 habitacións dobres, recentemente reformadas; existindo a posibilidade de contar con habitación individual no caso de que o nivel de ocupación o permita. Cada habitación conta con dúas camas, dúas mesas de noite, escritorio dobre, dúas cadeiras e ventá exterior. Están orientadas ó oeste, polo que pola tarde son soleadas.
Cada residente deberá aportar a súa roupa de cama, incluíndo a almofada e fundas de almofada e colchón.
A sala de lavadora e secadora é de autoservizo e está dispoñible para o uso das/os residentes.
O servizo de comedor está dispoñible de luns a venres:
Almorzo | 7:50h a 8:20h |
Xantar | 15:00h a 15:30h |
Merenda | 17:50h a 18:10h |
Cea | 20:30h a 21:00h |
Os venres e domingos non hai cea.
Existe unha sala de lecer equipada con televisión, ordenadores, sofás, unha mesa e cadeiras. Ademais, polas tardes, organízanse diferentes actividades de ocio: sendeirismo, manualidades, actividades deportivas... Pódense utilizar tamén as pistas deportivas do centro para realizar actividades físicas saudables.
A biblioteca do centro está no edificio da residencia.
Custo durante o curso | 2023/24 |
Curso completo |
900€ por trimestre |
Inferior o curso |
960€ por trimestre |
Fianza (*) |
300€ |
(*) A fianza devolverase ó final do curso de non haber desperfectos .