Reclamación contra as cualificacións
INSTRUCIÓNS:
O procedemento de reclamación ás cualificacións finais rexerase polo establecido no Art. 45 da Orde de 12 de Xullo de 2011 pola que se regula o desenvolvemento, a avaliación e a acreditación académica do alumnado das ensinanzas da formación profesional inicial.
A solicitude de reclamación debe ser presentada no modelo oficial (ver ficheiro adxunto) e de xeito presencial no centro, dentro do prazo establecido legalmente.
Para o alumnado de distancia, o documento poderá remitirse de xeito telemático ao correo: cifp.granxa@edu.xunta.gal
Xunto coa solicitude de reclamación no modelo oficial, deberá achegarse copia do DNI e será presentado, igualmente, dentro do prazo establecido legalmente.
O modelo de reclamación ás cualificacións finais estará a disposición do alumnado na administración do centro. Tamén o podes descargar no seguinte ficheiro adxunto.