arriba
 

 
PortadaseparatorERASMUS+separatorDeclaración de política ERASMUS+


Declaración de política ERASMUS+

 img#61202

 img#56335

 

CIFP A Granxa
DECLARACIÓN DE POLÍTICA ERASMUS

O CIFP A Granxa de Ponteareas é un centro educativo público de Galicia que imparte varios Ciclos Formativos de Formación Profesional (VET / HED) de Grao Superior. Estes estudos pertencen á etapa de Educación superior e inclúen o módulo obrigatorio de Formación en Centros de Traballo ( FCT) a realizar en empresas dos sectores profesionais correspondentes.

 

Os Proxectos Curriculares dos Ciclos de Educación Superior, así como os currículos oficiais do Goberno de Galicia e a actual lexislación vixente no Estado Español establecen como obrigatorias as prácticas en empresas (FCT)  e asemade fomentan a mobilidade europea.

 

O CIFP A Granxa  participa en programas e accións europeas (KA)  para promover as mobilidades de estudantado e profesorado.  Os e as estudantes de Formación Profesional poden realizar as prácticas de formación obrigatorias en empresas ou institucións  noutros países da Unión Europea mediante o programa Erasmus+.  O estudantado do centro ten feito mobilidades a países como Polonia, Italia, Francia e Portugal, e o profesorado participou en jobshadowings de ERAMUS en Noruega, Grecia, Portugal, Finlandia, entre outros. 

As accións prioritarias desde o centro para o programa Erasmus+ son as seguintes:

- Promover a mobilidade de estudantes en empresas europeas.

- Divulgar o Programa ERAMUS+ de diversas maneiras destacando a accesibilidade.

- Apoiar a preparación lingüística e cultural do estudantado como compromiso de calidade.

- Recoñecer academicamente as actividades realizadas polos alumnos e de maneira  oficial a do profesorado.
- Implementar a dixitalización das mobilidades ERASMUS.
- Fomentar as practicas respectuosas co medio ambiente.
-Impulsar a participación de persoas con menos oportunidades. 
-Animar e promover o compromiso cívico.  

 

A participación do noso centro  no programa Erasmus ten como obxectivos:

- Mellorar a calidade e atractivo do ensino de Formación Profesional (VET/HED)  no noso centro.

- Fomentar a Competitividade, espírito empresarial, habilidades e competencias requiridas na contorna laboral europea.

- Fomentar e enriquecer a aprendizaxe de linguas europeas e o coñecemento de culturas de distintos países da Unión Europea e impulsar a integración das distintas culturas.

 

Con respecto á difusión do Programa Erasmus desde o centro realizaranse as seguintes accións:

- Publicar páxina web do centro a Declaración de Política Erasmus e as convocatorias e formas de solicitude do Programa. 

- Difusión de información das convocatorias mediante  carteis no centro.

- Charlas informativas,  reunións co alumnado e profesorado;  mostrar experiencias previas doutros alumnos.

 

O centro cumpre cos obxectivos de non discriminación e comprométese a promover a igualdade entre sexos, culturas e relixións. Fomentarase a defensa dos dereitos humanos e a democracia, avivando a loita contra calquera forma de racismo e xenofobia.

 

O  Programa ERAMUS+ do CIFP A Granxa garántese mediante unha comisión formada pola Coordinación de Programa Internacionais, e Equipo Directivo do centro, e todos o profesorado implicados nas actividades. Este proceso non só será  garante de calidade senón modelo e marco de referencia de mellora das distintas actividades do programa. Con respecto ás estancias en empresas crearanse acordos de colaboración e formación oficiais individualizados para cada alumno e estancia empresarial. 

 

As actividades de formación de estudantes e profesorado serán recoñecidas,  concretamente no caso das mobilidades para estudantes con empresas serán recoñecidas para todos os efectos coma se fosen realizadas en España. 

 

Estratexia para a organización de proxectos Erasmus+
 

- O CIFP A Granxa realiza proxectos para  realización de prácticas en empresas de estudantado e formación de profesorado baixo o Programa ERASMUS+. 

- O centro imparte varios Ciclos Formativos de Grao Superior, que teñen un módulo obrigatorio de prácticas en empresas no segundo ano do ciclo ( FCT) . A nosa estratexia é presentar ao alumnado de primeiro ano a posibilidade de realización de prácticas no países da Unión Europea e fóra, motivándoos e informándoos das vantaxes que supón a mobilidade.  A comisión do Programa de Mobilidades ERASMUs+  estima o número de mobilidades que se solicitará seguindo un criterio de selección fixado previamente.  
 

- O profesorado da etapa de Educación Superior poderá realizar formación ERASMUS preferiblemente cando o alumnado se atope realizando as súas prácticas en empresas. A formación recibida debe ser relacionada coa educación, a reciclaxe profesional, a investigación ou a innovación. Previamente á realización dunha estancia formativa, o profesor debe emitir un informe a unha comisión do centro que avalíe a idoneidade da mesma. Unha vez realizada a mobilidade, o profesorado fará a difusión da mesma ao resto de profesorado do centro.

 

 

 

CARTA HECHE