arriba
 

 


Matricula simultánea

O alumnado matriculado nun ciclo formativo en Dual Ordinario ou modular, en bacharelato ou en ESO poderá solicitar a autorización de matrícula simultánea de acordo co procedemento e nas condicións que se establecen no artigo 6 da Orde do 12 de xullo de 2011 pola que se regulan o desenvolvemento, a avaliación e a acreditación académica do alumnado das ensinanzas de formación profesional inicial.

O prazo de presentación de solicitudes abranguerá desde o 10 de setembro ás 9:00 horas, sempre que existan prazas dispoñibles e non haxa listaxe de espera, ata o 13 de setembro ás 13:00 horas.

Máis información nas instruccións de matriculación de Dual Ordinario e Modular

Para solicitar a matrícula simultánea debes cubrir o seguinte impreso:

Solicitude matrícula simultánea

Unha vez cuberto e asinado, entregar na administración do CIFP A Granxa.