arriba
 

 


DEREITOS E OBRIGAS

 

 

 img#81411

 

 

COMUNICACIÓN DE DEREITOS E OBLIGACIÓNS DAS PERSONAS ALUMNAS

  • Do programa completo da acción formativa, alcance, duración, horario (caso de impartirse na modalidade presencial), obxectivos e se a formación é conducente ou non á obtención dun certificado de profesionalidade.

A superación da acción formativa permite obter un certificado de profesionalidade (SE/NON)?: SE(3)

- Dos requisitos académicos e de calquera outro tipo a cumprir para poder asistir á acción formativa e das consecuencias do seu incumprimento. Neste sentido, cando inicien unha acción formativa persoas que non cumpren os requisitos esixibles, procederase á súa inmediata baixa como alumnas do curso.

- Do carácter gratuíto da formación, incluído o material e medios didácticos que debe fornecer a entidade formadora.

- Da posibilidade para as persoas participantes en situación de desemprego de percibir bolsas e axudas, e da tipoloxía das mesmas, requisitos e prazos para a súa solicitude.

Pode consultar a normativa en materia de bolsas e axudas accedendo á páxina web da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, e seleccionar o procedemento "TR301V"

De ser o caso, do compromiso asumido pola entidade para colaborar co alumnado na xestión e tramitación da solicitude de bolsas e axudas.

Asumiu a entidade devandito compromiso de colaboración (SE/NON)?: SE. (3)

- Da existencia, nas accións formativas que se imparten presencialmente, incluídas as actividades presenciais das modalidades de teleformación e/o mixta, dun seguro de accidentes para o alumnado, das súas coberturas e contías, que inclúe os desprazamentos in itinere, as visitas didácticas e as prácticas en empresas.

- Da existencia dunha póliza de responsabilidade civil para facer fronte aos riscos que poidan derivar para os bens e as persoas cando se realicen prácticas en empresas ou outras actividades relacionadas co desenvolvemento da acción formativa.

- Da posibilidade ou da prohibición de asistir simultaneamente a outra acción formativa de formación para o emprego financiada con fondos públicos, e, de ser o caso, dos criterios das posibles excepcións.

- Da prohibición de causar baixa no curso para acceder a outra acción formativa financiada con fondos públicos e das posibles excepcións e/o consecuencias, de ser o caso.

- Dos requisitos necesarios para superar a acción formativa (segundo o caso: porcentaxe de asistencia, superación de probas de avaliación e controis de aprendizaxe etc.)/ etc.) e da posibilidade de obter un diploma ou certificado oficial pola súa realización.

- Nas especialidades formativas conducentes á obtención dun certificado de profesionalidade, dos supostos de exención da realización dun módulo formativo ou do módulo de prácticas non laborais e, de ser o caso, da documentación acreditativa de tal circunstancia e dos prazos en que esta debe presentarse.

- Da obrigación de realizar os módulos formativos transversais incluídos na acción formativa e dos supostos de excepción da súa realización.

- Da prohibición, agás que exista unha normativa específica que obrigue á reciclaxe formativa dun determinado colectivo e así o acredite a entidade de formación, de volver realizar unha determinada especialidade formativa, ou un módulo formativo dun certificado de profesionalidade, para a que a persoa alumna xa obtivese o correspondente diploma.

- Da obrigación e dos prazos establecidos para proporcionar á entidade de formación a documentación necesaria para poder asistir á acción formativa ou, no seu caso, quedar exenta/o de realizar determinados módulos formativos ou prácticas non laborais.

- Da obrigación, para poder asistir á acción formativa, de autorizar, asinando para estes efectos o modelo de autorización que lles entregará a entidade de formación, a incorporación dos seus datos persoais no Sistema Informático de Formación Ocupacional da Xunta de Galicia (SIFO).

- Da obrigación, para as actividades para realizar na modalidade presencial, de efectuar o obrigatorio control de asistencia mediante un sistema de control biométrico de captura da pegada dixital, así como mediante partes de asistencia en papel nos supostos en que así se estableza, que deberán asinar diariamente ao comezo e ao final da actividade (de ser a acción formativa en horario de mañá ou de tarde), e catro veces ao día, de impartirse a acción formativa en xornada partida: ao comezo e ao final da xornada de mañá e ao comezo e ao final da xornada de tarde.

- Da obrigación de asistir con aproveitamento á acción formativa.

- Da obrigación de responder o formulario da enquisa de avaliación da calidade da acción formativa que se lle remitirá por vía telemática ao final da mesma ou, de ser o caso, que se lle entregará en soporte de papel para a súa cobertura.

- Das posibles causas de exclusión da acción formativa. Entre elas: atentar contra os dereitos das persoas alumnas, persoal docente ou entidade formadora; a falta de aproveitamento da acción formativa ou mostrar un comportamento indebido que dificulte o seu normal desenvolvemento; a superación do límite de incumprimentos horarios ou de faltas de asistencia autorizado (actividades presenciais); non realizar as probas e avaliacións da acción formativa ou incorrer en incumprimento reiterado na súa realización efectuándoas fose do prazo establecido (teleformación); negarse a efectuar os controis biométricos de asistencia ou os que procedan segundo a modalidade de impartición; ou non entregar a documentación necesaria requirida pola entidade formadora ou a unidade administrativa correspondente para dar cumprimento á normativa aplicable.

Normativa reguladora da impartición da acción formativa(4): Orden do 1 de XUÑO de 2025, DOG núm 132 do 9 de XULLOde 2024.

(1) Código asignado por SIFO a la acción formativa.

(2) Indicar el código de la especialidad solo en el caso de que sea una especialidad del Catálogo.

(3) A cubrir por la entidad/empresa formadora.

(4) Indicar la orden que regula la ejecución de la acción formativa y los derechos y deberes de las personas que participan en ella

Los puntos (1), (2), (3) y (4) deberán ser cubiertos por la entidad/empresa formadora con carácter previo a la entrega del documento al alumnado

La entidad de formación está obligada a digitalizar y archivar este documento en SIFO una vez firmado por la/el alumna/o y entregar una copia a la persona interesada.

 

 

Pode descargar aquí o documento de "Comunicación de Dereitos e obrigas das persoas alumnas"