VIVEIRO DE EMPRESAS
Que é?
Emprende ten como obxectivo facilitar ao alumnado galego espazos e asesoramento axeitados para a posta en marcha dun negocio ou de proxectos empresariais viables, en centros educativos que conforman a Rede galega de viveiros de empresa en centros educativos.
Que son os viveiros de empresas?
Un viveiro de empresas é un espazo onde desenvolver e poñer en marcha o teu proxecto empresarial. É a referencia para o emprendemento na súa área de influencia. Nel coordínanse as accións formativas, tanto aquelas para realizar nos centros próximos como as de carácter xeral, que se leven a cabo no centro de referencia.
Que ofrece un viveiro de empresas?
Asesoramento:
-
Formación e apoio do profesorado que imparte formación relacionada co sector no que se desenvolverá o teu proxecto.
-
Titoría pola coordinadora ou coordinador de emprendemento, responsable do seguimento e da orientación no teu proxecto.
-
Asesoría de persoal técnico especialista do IGAPE.
Instalacións:
-
Locais axeitados para o desenvolvemento de actividades das persoas emprendedoras.
-
Moblaxe básica propia dunha oficina, cos equipamentos informáticos e de telecomunicacións axeitados.
Servizos:
-
Servizos asociados ás infraestruturas (seguridade, limpeza, luz, etc.).
-
Servizos auxiliares da actividade empresarial como conexión a internet.
-
Difusión da túa empresa a través da páxina web www.edu.xunta.es/fp.
Requisitos de acceso
-
Alumnado matriculado (ou que rematara os seus estudos nos últimos catro anos) nalgunha ensinanza sostida con fondos públicos de Galicia de: formación profesional, artes plásticas e deseño; superiores de deseño, de conservación e restauración de bens culturais, de arte dramática, de música, de danza; deportivas, bacharelato e educación secundaria para persoas adultas (ESA).
-
Ter un proxecto empresarial a desenvolver na Comunidade Autónoma de Galicia.
-
Presentar un Plan de Empresa que garanta a viabilidade do proxecto.
Onde se atopan os viveiros de empresas
Nos seguintes centros educativos existen viveiros de empresas. VIVEIRO DE EMPRESAS CIFP A GRANXA










